Versión imprimir
Enviar la referencia de este documento por email enviar por email
Español (original)
     
   Vosotr@s y Nosotr@s   |  Especiales   |   Galería Fotográfica  |   Enlaza nuestros contenidos  

 >>>Sección: Patrimonio cultural
           
Continuará a investigación de a represión franquista en Galicia
Renovación de o convenio para el proxecto de investigación "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares"
 
 
Publicar en tu red social

Publicado el sábado 4 de abril do 2009, a las 19:53

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares
 
As vítimas, os nomes, as voces e os lugares
 
   

Proxecto Nomes, Voces e Lugares

O Consello da Xunta ven de autorizar o pasado 26 de marzo de 2009, a sinatura dun convenio polo que a Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, achega 231.000 euros ao Proxecto de Investigación Interuniversitario"As vítimas, os nomes, as voces e os lugares", auspiciado polas tres universidades galegas, de Santiago, Vigo e A Coruña, e dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, quen encabeza un grupo integrado por dez especialistas.

Deste xeito, o estudo chega este ano á súa cuarta fase, que se centrará na represión en Galicia durante a ditadura franquista relativa ao período comprendido entre 1940 e 1977.

O estudo pescudará na documentación e a bibliografía para investigar sobre a represión económica, as causas militares abertas nese período, a guerrilla e a loita antifranquista, o sistema represivo e penitenciario, etc. Tamén se realizarán entrevistas persoais e se incorporarán fontes orais doutros estudos.

Esta nova xeira complétase co establecemento de liñas de colaboración con outras iniciativas de investigación e con tarefas de difusión do proxecto que propiciarán a disposición da base de datos da investigación na web do proxecto: Anodamemoria.

O Proxecto "As vítimas, os nomes, as voces e os lugares" naceu para estudar a represión franquista tras o Golpe de Estado de 1936 e da Ditadura, ofrecendo á sociedade os datos relativos ás persoas que sufriron algún tipo de persecución por mor da súa ideoloxía ou a súa posición favorable á democracia republicana. Esta tarefa abórdase desde a perspectiva do rigor da investigación histórica, cubrindo deste xeito, os baleiros existentes sobre este período de estudo, e fundamentalmente poñendo ao servizo da sociedade galega os nomes dos represaliados polo franquismo, a través dunha base de datos específica que recolla os principais datos de cada persoa. Ao tempo, recoller as voces dos que pasaron polo cárcere, o exilio ou estiveron agochados, así como as lembranzas dos seus familiares máis achegados. Por último, botar luz sobre os lugares da represión, as cunetas, os cemiterios, as corredoiras ou os montes, onde os represaliados foron asasinados ou foron vexados.

  

 

IMÁGENES Y DATOS RELACIONADOS
Click en las imágenes para ampliar
As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

Proxecto de Investigación, Nomes, Voces e Lugares
Edificio Monte da Condesa, s/n 2º andar
Campus Sur
15782-Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100 Ext. 13598
Anodamemoria


 

 


Publicar opinión...

 

 

Artes escénicas

El sollozo del hierro, Miguel Hernández muere, porque un pueblo ha gritado libertad

Josefina Manresa y Miguel Hernández en la danza de Patricia Torrero y Florencio Campo con Carmen Werner

Rebeldías posibles, solidaridades necesarias

Los 25 años de Cuarta Pared siguen siendo un compromiso en la escena

Música

El Mercat de Música Viva de Vic incrementa en 2010 su participación en coproducciones

El MMVV incluirá seis estrenos musicales y más de quince presentaciones discográficas

Oum estará en las Noches de Ramadán 2010

La cantante marroquí ofrece nuevos conciertos en España con su banda

Primer plano

Ya llega el Festival de Cine de la Plataforma de Nuevos Realizadores

El equipo de la Plataforma presentó con ilusión la decimonovena edición de su Festival de Cine

John Carpenter vuelve a la gran pantalla en Sitges 2010

El Festival Internacional de Cinema Fantàstic de Catalunya confirma nuevas películas dentro de la Sección Oficial

Historia

Fallece Lolita Lebrón a los 89 años de edad

Lideró el grupo de cuatro nacionalistas puertorriqueños que en 1954 atacó el Congreso en Washington

Restos de dos vecinos de Gondomar, exhumados en San Xián, serán entregados a sus familiares

Proyecto "Os nomes, as voces, os lugares"

Literatura

Sólo un muerto más, de Ramiro Pinilla

La marca Chandler

La leona blanca, de Henning Mankell

Y el sueño se cumplió

Artes plásticas

Se inaugura la exposición de Javi Larrauri Mujeres Republicanas

Blanca Helga: "Me considero una constructora de pequeños munditos"

Entrevista a una artista cargada de sensibilidad

 

laRepúblicaCultural.es  —  La cultura nos hará libres.

Nota legal   |   Publicidad   |   Participa en la Revista    |     Contactar con nosotros

Creative Commons License
laRepúblicaCultural.es Revista Cultural Republicana bajo licencia Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Sin obras derivadas 3.0 Unported License.
Basada en el trabajo de www.larepublicacultural.es. Los permisos de uso pueden estar disponibles en http://larepublicacultural.es.